O futuro da lingua

Agosto 13th, 2009

Fran AlonsoSexamos francos; a sociedade galega non se preocupa demasiado polo futuro da súa lingua. O da lingua, nin é un tema socialmente importante nin está nas cavilacións da maior parte dos cidadáns. E, á marxe dos pronunciamentos politicamente correctos, os últimos traballos de investigación (e, sobre todo, unha simple ollada á sociedade) demostran esa apatía dos galegos e galegas con respecto á sorte da súa lingua. Corenta anos despois de que Celso Emilio Ferreiro definise o galego como «lingua proletaria do meu pobo», e a pesar dos innegables avances, penden sobre ela case os mesmos prexuízos que daquela. Hoxe, e coa complicidade dunha TVG folclorizante, o galego segue estando maioritariamente asociado ás clases sociais máis desfavorecidas, ou aos perseverantes nacionalistas e aos profesores de galego. Ademais, a presión desgaleguizadora da escola resulta esmagadora. De feito, é extraño o neno ou nena que, logo de ser educado en galego, non sufra o abandono da súa lingua ao ser escolarizado: para non sentirse «distinto» acaba falando exclusivamente en castelán, mesmo cos seus pais.

Se algo se desprende de todo isto é que logo de vinte anos da posta en marcha da Lei de Normalización Lingüística, o balance non pode ser positivo. Ademais, no ámbito político prodúcese un feito dobremente perverso. Por unha banda, os partidos de configuración estatal autoexclúense da promoción e defensa da lingua galega, e déixanlle ao nacionalismo o campo libre. Por outra, e en consecuencia, o nacionalismo tende a unha perigosa patrimonialización do galego. Nestas circunstancias, os cidadáns acaban por asumir que hoxe a lingua, que pertence á identidade cultural de todos os galegos e galegas e non ten ideoloxía (as linguas non a teñen), é unha cuestión que só lle afecta ás persoas que se identifican politicamente co nacionalismo.

A pesar de todo, é certo que a nosa lingua ten vida para moitos anos. Pero unha cousa é a vida e outra a vitalidade. Por iso, para vitalizar e restituír socialmente o galego no lugar que lle corresponde é necesario un apoio participativo das e dos cidadáns e unha nova e decidida política lingüística, que implique a todos os sectores sociais, que teña obxectivos e seguimento e que neutralice os principais prexuízos da poboación. Mentres tanto, en torno ao 17 de maio, o Día das Letras Galegas, teremos que seguir falando da lingua en vez de facelo de literatura.

Fran Alonso, Cabrafanada (13/8/09, publicado orixinalmente o 17/5/02)

La encuesta que no lo fue

Agosto 13th, 2009

Xosé Manuel PereiroCréanme, y no lo achaquen a un recurso retórico, si les digo que todavía no tengo claro qué pensar de la famosa encuesta a los padres sobre sus preferencias de idioma en la educación. Y no porque no haya leído todo tipo de interpretaciones, sino por ello. [...]

No sé a que atenerme porque, por un lado, posiblemente ha sido una de las acciones de gobierno más chuscas de la historia reciente, pero por otro, creo que ha resultado ser de un gran -e inesperado- valor sociológico. En la parte chusca del balance hay que incluir de entrada la iniciativa en sí misma: un experimento participativo a lo Porto Alegre, que en buena lógica tendría que ser completado con una posterior encuesta a los profesores sobre cómo consideran que los padres deberíamos educar a nuestros hijos. Tampoco las circunstancias en las que se produjo la consulta (con prohibición expresa al profesorado de informar sobre su contenido, y con media docena de tópicos jaleados mediáticamente y cuarto y mitad de consignas como elementos de juicio) son como para sacar pecho democrático. Y el método (la participación voluntaria) no entraba en los cánones de la práctica demoscópica. Quizá por ello, y a pesar de que se había vendido como el cumplimiento de una promesa electoral, ni siquiera lo presentó en sociedad el responsable político del ramo, el conselleiro, sino el del departamento subalterno encargado de la promoción de una de las dos lenguas.

En el haber sociológico hay al menos tres cuestiones. Una, la de que el idioma en Galicia sigue teniendo fuertes connotaciones de clase, como recordaba Carrascal, como se desprende del entusiasmo participativo de los padres de alumnos de los colegios concertados, y todavía en mayor medida de los privados, y como sabe cualquiera que irrumpa hablando en gallego en determinados ambientes autoconsiderados selectos. Otra, o la misma, que un tercio de los padres participantes apoyen la erradicación del gallego del sistema educativo revela que toda la armonía que nos habían vendido en su momento y la cordialidad que nos quieren vender ahora es tan cierta como que la libertad y la igualdad presiden las relaciones contractuales entre empresarios y trabajadores. Y la tercera, que la reacción entre las filas de los que apoyan el idioma gallego ha sido de división táctica, cuando no estratégica, tal y como viene siendo tradicional costumbre y como por otra parte ya vaticinaba el famoso análisis de la FAES sobre el asunto, partiéndose por las líneas de puntos ya establecidas por adscripción política o variante lingüística. En resumen, la encuesta no revela nada nuevo, pero recuerda lo que habíamos olvidado, lo que no es poco para estos tiempos.

Agosto no es época para ponerse dramático, pero aunque la consulta fue una chapuza como encuesta, como votación fue irreprochable. Igual que en cualquier proceso electoral, o en una asamblea, participó el que quiso (y en un porcentaje parecido al que registran las elecciones), y el que lo hizo decidió libremente de acuerdo con sus intereses y/o prejuicios, con razones o sin ellas (y con resultados en buena parte comparables a los de los recientes comicios autonómicos). Y, como pasa en las elecciones o en las asambleas, las consecuencias afectarán tanto a los que participaron como a los que decidieron no hacerlo, fuese por desinterés o como enmienda a la totalidad.

Xosé Manuel Pereiro, El País (13/8/09)

Vazquismo 2.0 e outros erros

Agosto 11th, 2009

Manuel C. M. BarreiroMariola Moreno pregunta pola relación co BNG e Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG, exercendo do duro Clint Eastwood, camúflase na indiferenza: «A mesma que con calquera outro partido. Somos unha formación con vocación de goberno maioritario.» A xornalista de Público quere saber se hai marxe para reeditar o bipartito e recibe unha rotunda negativa: «Non haberá máis bipartitos» e, de agasallo, unha declaración de principios gratuíta: «O PSdeG non é partido de coalicións.» Da nova doutrina Vázquez tírase unha conclusión terribelmente desalentadora: con semellante estratexia o Partido Popular empoleirarase durante unha boa tempada no goberno de Galiza.

A doutrina Vázquez 2.0 defínese con absoluto desprezo dos resultados electorais e da cartografía de poder real do PSdeG. O PSdeG só ten maiorías absolutas en 2 de cada 5 concellos que goberna, no resto acadou o bastón de mando como consecuencia de coalicións activas ou pasivas (cun apoio puntual do BNG ou outras forzas para non impedir a investidura do candidato socialista). [...]

A doutrina de (Manuel) Vázquez comparte ADN estratéxico coa doutrina de (Francisco) Vázquez coa que se tornou ao PSdeG nunha acomodada e lealísima oposición ao PPdeG na primeira andaina da era Fraga. Con toda certeza, a doutrina Vázquez 2.0 non lle dará ao PSdeG maiores beneficios que a doutrina Vázquez 1.0 que, negándose por activa e por pasiva a calquera acordo co BNG engordaba estratexicamente o goberno da candidatura máis votada.

Se Pachi Vázquez, se non se quere ver na lea dunha coalición de goberno cos nacionalistas, só lle quedará un camiño: acordar politicamente co Partido Popular que, tras as próximas municipais e en convocatorias electorais futuras, goberne sempre a listaxe máis votada. A aceptación do goberno da listaxe máis votada é o atallo menos doloroso para chegar a onde Vázquez, rexeitando as coalicións co BNG, conducirá ao PSdeG: ser un partido complementario pero en ningún caso alternativo ao Partido Popular de Galicia.

Dicía outro Manuel Vázquez (Montalbán) que en política ademais de imposturas hai posicións, posturas e posturiñas. Por máis voltas que lle dea Manuel Vázquez, se non se quere ver abandonado polos seus electores máis progresistas e galeguistas, ao PSdeG só lle resta unha posición ­–ser un partido de goberno alternativo ao PPdeG– e dúas posturas: asinar un acordo de goberno ou subscribir un pacto de lexislatura co BNG. Na Galiza electoral de hoxe e, probabelmente, na de dentro dun cuadrienio para ser alternativa de goberno ao PPdeG, o PSdeG ten que ser necesariamente un partido de coalicións. Toda outra estratexia ou vocación de goberno maioritario será unha posturiña que beneficiará á hexemonía do Partido Popular, favores polos que Feijóo xa lle pode ir anticipando grazas a Manuel Vázquez (Fernández).

[...] En máis de cinco lustros de devir do noso autogoberno a sopa de letras partidaria reduciuse radicalmente e non é logo de estrañar que moitos soñen con ver encaixado ao BNG nun papel político semellante ao que lle corresponde a IU no cadro do Estado.

Queda por ver como se sedimenta a estratexia política do BNG respecto do PSdeG, o que é tanto como dicir como se define respecto da gobernabilidade futura do país. O distanciamento crítico do PSdeG e identificación expresa, ou baixo corda, do Partido Popular e do PSOE producirá, ao meu entender, máis mal que ben. Ademais a cousa empeorará se, ante as impotencias do labor opositor do BNG, se alimenta unha estratexia de descrédito do Parlamento e se intensifican as políticas de resistencia. A recuperación, por moito restyling verbal que haxa, do vello libro de consignas («PSOE, PP a mesma merda é!», «Parlamento Galego, parlamento de cartón!») e das «políticas do non» só servirá para, indirectamente, intensificar a xibarización bipartidista da representación política de Galiza.

Alguén ideou un oxímoron para definir o obxectivo ao que pode, nas actuais circunstancias e sempre e cando haxa melloría, aspirar o BNG: ser unha «minoría maioritaria», minoría canto ao seu peso electoral e na representación parlamentaria, maioritaria canto sexa quen de dar voz ás demandas e esixencias dunha maioría social, e moi singularmente dunha maioría cidadá que discuta a hexemonía e políticas da dereita gobernante en Galiza. Mais cómpre non enganarse: non hai posibilidade ningunha de conformarse como esa minoría maioritaria se [non se] artella tamén unha estratexia colaborativa que sume maiorías de goberno alternativas ás do Partido Popular. O BNG farase minoría maioritaria procurando unha relación de cooperación vantaxosa co PSdeG, á marxe dela só lle ha de quedar ser unha minoría minorizada.

A PSdeG e BNG calquera política que non os sinale como socios estratéxicos os levará, máis pronto que tarde a ser, respectivamente, un partido complemento e a unha alternativa minorizada. Agochar vergoñentamente o seu paso polo goberno tampouco axudará a súa recuperación electoral. A desmemoria do goberno bipartito e das súas políticas de cambio (limitado e mesmo fallido en moito ámbitos) traballan en favor do imaxinario do Partido Popular como única alternativa de goberno factíbel. A esa política desmemorizada entregouse con abandono suicida o PSdeG tras a derrota do goberno tripartito en 1989. O BNG semella hoxe está aqueixado tamén dunha sorte de alzheimer voluntario. A vindicación da acción de goberno compartida e saberse partidos de goberno na oposición é, ao meu entender, parte dunha estratexia intelixente para non aceptar unha fabricación artificial da hexemonía do PPdeG.

Hai uns días Fermín Bouza alertábanos sobre a aceptación mansa da hexemonia da dereita á que se entregou a «esquerda galega» tras a derrota do 1-M. Tamén apuntaba que o xogo PSdeG-BNG debía ser de suma cero de xeito que as perdas derivadas dos desacertos dun dos dous beneficiasen ao outro pero que, en ningún caso, activasen fugas de electores cara á abstención. [...]

O punto de suma cero, «onde se perde votos un teñan que ir ao outro», do que fala Fermin Bouza non é posíbel sen que BNG e PSdeG se asuman como «socios estratéxicos», non valen relación indiferentes como se tratase de «calquera outro partido». Cando Manuel Vázquez di que a relación do PSdeG co BNG é semellante a que manteñen con calquera outro partido, homologa ao BNG co PPdeG, ese outro partido ao que se lle quere discutir a súa hexemonía e goberno. A vía é outra asociarse ao xeito dun cluster de forzas para o cambio político, social e económico en Galiza.

Tratarse como outro calquera partido significa aceptar un terreo de relación que é o máis favorábel ao PPdeG: a oposición competindo entre si no canto de competir co goberno. Ese é exactamente o cadro de relacións sobre a que Manuel Fraga construíu o réxime de ultradominio político da dereita en Galiza.

Dirase que unha estratexia de cooperación plena entre BNG e PSdeG é unha ilusión utópica, posibelmente si, pero hai outro camiño, alguén mesmo lle inventou un palabro: coopetencia. Se BNG e PSdeG lle queren dar algún porvir a un discurso galeguista, de esquerdas e optimista co que remover os alicerces do dominio social do Partido Popular e rebater as súas políticas van ter que pensarse reciprocamente e outra volta en termos de coopetencia, nunha mestura de consenso básicos e conflitos pactados, de colaboración e competencia, de acordos programáticos troncais.

Haberá que facelo diferente, e bastante mellor, que durante a etapa do goberno bipartito onde só houbo cooperación para chegar ao poder e competencia feroz desde que se iniciou a acción de goberno. A coopetencia ha ser continua na oposición e sustentábel nos gobermos municipais que a día de hoxe se comparten, senón o único duradeiro serán os mandatos do PPdeG. Unha estratexia coopetitiva de xeito inmediato favorecerá acadar un punto de suma cero fronte á sangría abstencionista. A coopetencia é a estratexia do cluster de políticas do cambio.

Postos a innovar e a errar é mellor intentar experiencias coopetitivas que resucitar o vazquismo ou o enroque resistencialista. No peor dos casos, xa o grafitou alguén nos muros da nosa cidade global: «Por que cometer erros antigos, se há tantos erros novos a escolher?» Os dous Vázquez (Guillerme e Manuel) deberían, aproveitar o que queda de verán para darlle unha pensada a estratexia coa que pretender devolver a ilusións aos electores que noutrora apostaron polo cambio en Galiza.

Manuel C. Martínez Barreiro, De paso (13/8/09)

Enquisa 2

Agosto 6th, 2009

Xabier CidOs que apostaron por boicotear o proceso de enquisa, insisten en que foi unha boa decisión, e que volverían facer o mesmo. É verdade que ninguén aprende en cabeza allea, pero desta vez nin sequera aprendemos na nosa. Porque cando na guinea conakry, por exemplo, a oposición democrática, dispersa e desestruturada, decide boicotear uns comicios a maior gloria do seu ditador, están a perder oito anos (ou máis) de historia, pero cando menos salvan a vida. Mais cando nun país democrático nos opoñemos a unha consulta realizada (trapalleiramente, si), por un goberno democrático, non arriscamos a vida. O problema é que, na nosa torre de marfil, non arriscamos nada. Tampouco nos importan os resultados porque non os imos crer. O único que pode resultar é que saia un cómputo negativo, e como ese cómputo negativo é, en parte, culpa nosa, picamos o balón e tratamos de crer (nosoutros só, claro) que aquí non pasou nada.

Os que estiveron dalgunha maneira no proceso de normalización, nos concellos, nas asociacións, como individuos… insisten en que eles fixeron o correcto, e que volverían facer o mesmo, só que con máis forza. Os que tiveron a culpa foron outros. Ou ben, como dirían os galos en Astérix nos Xogos Olímpicos, os xabarís comeran porcalladas, a pista estaba en mal estado, ou había unha determinada correlación de forzas. É verdade que ten máis culpa González Moreiras có responsable de normalización do concello de allariz. Pero non é cuestión de medir quen a ten máis grande (a culpa) senón de ser conscientes de que todos e todas temos o noso quiñón. Que todos metemos a pata e fixemos as cousas rematadamente mal. Todos debemos decatarnos de que a realidade vai por outro camiño. Pensar, e mudar o rumbo. E despois, establecer sistemas de avaliación e control de calidade que nos digan se estamos acadando os nosos obxectivos e non agardar a que, dentro de trinta anos, unha enquisa trapalleira nos dea unha nova vareada nos fociños.

Xabier Cid, As túas balas (6/8/09)

Enquisa

Agosto 5th, 2009

Xabier CidDe nada vale escudarse no trapalleirismo metodolóxico e na chanchullada que caracterizan a administración feijoo. Tampouco ten sentido que fagamos sumas e cábalas, agrupando porcentaxes: un de cada tres pais preferiría que o galego non estivese presente de ningunha maneira no ensino dos seus fillos. Iso é desolador.

Pero máis desolador é ver como esas cifras da enquisa non foron acompañadas de dimisións, recapacitacións e contricións en masa. A min gustaríame ver, por exemplo, a dimisión do presidente da Mesa pola Normalización, que despois de trinta anos de activismo consegue moito menos ca tres ducias de vigueses nun par de meses. Tamén me gustaría ver a dimisión dos sindicalistas que se organizaron pra boicotear o proceso de enquisa, en vez de traballar pra que os resultados fosen máis proveitosos pró galego, nun exemplo máis na xa infinita recua de evidencias do despotismo ilustrado da presunta esquerda: todo pró pobo, pero sen o pobo.

Tamén, por que non, a dimisión retroactiva de todos os que traballaron en normalización lingüística nestes anos, que desbaldiron cartos en contratos e en iniciativas ao que se ve inútiles (na Xunta, nos concellos, nas comarcas, nas deputacións…). Tamén me gustaría ver como os sociolingüistas de medio pelo do país, que son maioría, raquiticamente formados, compulsivamente ideoloxizados, recoñecen publicamente que eses marcos teóricos axeitados ao vietnam non son válidos na Ghalleira, e que debemos poñernos a pensar pra amañar as cousas, e non só pra lamentarnos do ignorante que é o pobo.

Creo firmemente en que o número de asignaturas dadas en galego na escola é, aínda que importante, pouco decisivo na permanencia do idioma como entidade viva. Pero o que si é decisivo é o estado de opinión sobre a lingua que reflecte a enquisa. Velaí o pouco que avanzamos, o errados que estivemos.

Outros camiños, outros modelos e outras iniciativas son necesarias. Con este sistema imos cara ao abismo.

Xabier Cid, As túas balas (5/8/09)

De nación a provincia

Julho 24th, 2009

Antón BaamondeGalicia está perdendo peso demográfico a cada paso. A participación do seu PIB no total estatal está en pleno proceso de redución en lóxica coherencia co seu menor índice de crecemento. O novo modelo irá quitándolle parte do financiamento que ata agora lle correspondía -e que facilitou investimentos irresponsables por parte de gobernos mediocres-, e cabe tamén que perda as súas institucións financeiras -tal vez Caixa Galicia acabe sendo unha sucursal de Caja Madrid, en perfecta metáfora de por onde van os tiros-. Ademais, está no camiño de disolver os principais trazos da súa identidade histórica -incluído o lingüístico- e a indiferenza social avala a ausencia dunha discusión sobre un novo estatuto que puidera intentar limar algún destes aspectos.

Como o que avisa non é traidor, anuncio: de todo iso infírese que estamos ao comezo dunha inflexión. Galicia parece estar cruzando unha liña que a conducirá a converterse no bo tipo de comunidade autónoma, vista dende os ollos de El Mundo e tutti quanti: a que asume a súa condición de provincia sen maiores complexos ou prexuízos. [...]

[...] O PP de Galicia, o principal partido do país, renunciou a ser a CiU galega para converterse nunha versión sen matices de Génova, 13. O principal periódico do país recorre similar camiño e a opinión pública e os últimos resultados electorais non parecen desconformes con esa orientación global. Todo parece conformar unha imaxe coherente.

Antón Baamonde, O café na trincheira (24/07/09)

Ideario Feijóo

Julho 24th, 2009

Arturo Casas1. Feijóo aspira a promover dous ideoloxemas constitutivos de todo o sistema de coordenadas do seu “pensamento” político: un é a súa noción de liberdade, o outro é a súa noción de pobo.

2. A acepción Feijóo de liberdade incorpora como antónimo de uso o termo imposición. Mentres que a acepción Feijóo de pobo sitúa como antitética a idea de elites culturais.

3. Para Feijóo e para quen inspiren o seu discurso oficial, que talvez non sexan exactamente os seus subordinados no Gabinete, as liberdades corresponden ao pobo innominado, mentres que as imposicións corresponden ao exercicio e á intervención das elites culturais.

4. O pobo é galeguista. As elites culturais do país propenden ao nacionalismo. Galeguismo e nacionalismo han de promoverse desde o discurso do poder como concepcións antagónicas. O mesmo que pobo e elites culturais.

5. O pobo en Feijóo caracterízase, alén do anonimato, pola aceptación mansa do que sobrevén de fóra en forma de superestrato cultural ou de dominación. As elites son o Medulio, é dicir, un reduto enclaustrado que se limita a exercer a resistencia perante os ritmos naturais da historia.

6. El, Feijóo, intentará no seu mandato dous logros históricos que na súa linguaxe non pública poderían definirse como “definitiva despolitización da esfera pública” e “sometemento tras rendición, e posterior tutela, dos resistentes do Medulio”. [...]

7. Un mecanismo que merece optimizarse é o da manipulación ou terxiversación, mesmo deconstrutiva, de mitos e símbolos identitarios, entende Feijóo. Esa é unha tarefa que el interpreta que debe afrontar directamente: incidindo nas institucións e nos lugares nalgún sentido sacralizados polas elites culturais nacionalistas ou simplemente galeguistas [...]

8. [...] Feijóo golpeou até cansar no fígado identitario diso que algúns chamaron “criterio filolóxico” (algo que, serei claro, merece revisión desde un punto de vista empírico e sociolóxico, con total franqueza) e outros describiron como “filoloxización da cultura”. Veu dicir alí, en definitiva, que a cultura galega non ten por que facerse en galego. Aínda máis: que pode ser máis galego culturalmente alguén que se exprese en castelán que alguén que se exprese en galego. [...]

Arturo Casas, Lándoas, marxes de texto (24/07/09)

Desconcerto

Julho 21st, 2009

Camilo NogueiraNunca se víu até agora, e non será doado dar con semellanzas noutros paises, un caso tan evidente dun Governo elexido que non sabe facer outra cousa máis que destruir. Non só arruinar boa parte do traballo do Governo anterior, senón indo máis alá, demolir elementos básicos do feito desde 1981 sobre a base dun proxecto de país foi expresado tanto polos que teñen a Galiza por nación como por aqueles teñen outra visión e recoñecido por todos como bó para a sociedade galega.

Perdidas as eleicións por PSOE e BNG -faltóulles aos nacionalistas o deputado que en 2005 lles outorgara a maioría-, ainda que gañaron en votos populares, estas organizacións políticas compartillan co PP un desconcerto postraumático. Procuran as causas do deputado perdido facendo fincapé no uso polo PP e polas instituicións afíns, en plena campaña eleitoral, de falsedades e métodos porcos, cousa certa. Mais están orfos ainda dunha reflexión sobre as razóns de non teren empreendido nengunha acción relevante que definira a un Governo de socialistas e nacionalistas de esquerda, diferenciándoo nitidamente dos anteriores do Partido Popular, para alén da mellor xestión que puderon realizar en certos ámbitos de governo. Debendo dispor dunha maioría ampla e indiscutíbel, as organizacións que sustentaron o Governo bipartito chegaron ao momento eleitoral en precario, expostas ás intoxicacións das entidades e medios da direita, sen solventar siquer desencontros que revelaran a febleza dos acordos e da estrutura governamental que partillaran.

Agora o PSdG-PSOE galego voltou ao anonimato. Perdido o centro de poder autonómico ficou reduzido a servir de eco do partido estatal, sen asumir o perfil proprio que Galiza necesita e que reclaman muitos dos seus afiliados, vivindo en todo o caso na ilusión dun suposto galeguismo interpretado como contrario á conceición de Galiza como nación.

O BNG non sabe ainda que dicer. Tomou na Asemblea Nacional e por ampla maioría a decisión de mostrarse como unha organización nacionalista e de esquerdas, parecendo afastarse de formulacións dun morno centrismo galeguista, atento sobre todo á idea de ter peso en Madrid. Porén, o documento aprobado conxuntamente polas dúas correntes gañadoras na Asemblea non parece servir de base para unha interpretación común das causas da perda do Governo, nen para esclarecer o camiño a percorrer para recuperalo e muito menos para fundamentar unha visión adecuada da realidade de Galiza e do mundo de hoxe. Tampouco para formular unha estrutura do BNG que permitir loitar democraticamente pola hexemonía política. Non se realizou ainda pola direción do Bloque unha lectura -sinto ter que redundar nisto-, sobre o sucedido desde 1997 e 2001, cando era a primeira forza política da esquerda. Carente daquela dunha interpretación avanzada tanto desde o ponto de vista nacional, como da prática democrática e social, nunha Galiza que partillaba a doble condición de nación negada e de sociedade nacional de carácter urbano e industrial, sen prexuizo da importancia da agricultura e da pesca, o BNG empreendeu un camiño errado. Desorientada, a organización política que se asume a sí mesma con razón histórica como a de maior responsabilidade na emancipación nacional e social de Galiza viu como baixaba sistematicamente na apreciación eleitoral, pretendendo ademais responsábeis principais que o nacionalismo galego vivía unha idade case de ouro.

Camilo Nogueira, Lugar dos romanzinhos (21/07/09)

De escándalo en escándalo até a ruína final

Julho 20th, 2009

Manuel Ángel CandelasAs informacións que quita todos os días o xornal La Voz de Galicia contra a actuación do bipartito, nomeadamente contra o sector nacionalista do anterior goberno, son, para min, unha mostra evidente de campaña máis ou menos organizada. A propia estructura interna da Voz, que semella encomendar aos seus articulistas o tema do día e mesmo a algún redactor (que non asina co seu nome, en clara vulneración do máis elemental criterio deontolóxico que esixe, salvo para casos excepcionais, a autoría) a breve homilía en portada, permite a identificación do que parece unha elaborada estratexia de desacreditar o labor dos catro anos de anterior goberno de PSdG e BNG. Non entro en máis miudenzas (censura sobre certos temas ou persoas, control riguroso sobre a opinión, intereses sobre determinados sectores económicos, afinidades confesas por medios sutiles) porque ese non é o meu interese neste post. Necesito afirmar esta miña impresión sobre o comportamento do xornal para facerme eco das noticias que van saíndo estes días. Salvado o peculiar modo de presentar estas noticias (e de calar outras, como o do Porto Exterior da Coruña, salvo que vexan que non hai cartos ou que polas fiestras de Sabón non ven pasar os camións necesarios), os feitos reseñados son gravísimos de por si.

Sempre critiquei o do Gaiás, con Fraga e con Touriño, con Pérez Varela e con Bugallo. Todo o que se fixo nese asunto é un despropósito que, polo visto, non ten fin, e promete, ademáis, escándalos que, de non ser polos cartos que costaron, costan e han costar ao contribuínte (como reivindica Lándoas), haberían de entrar no capítulo das megalomanías máis funestas da historia. [...]

O capítulo do concurso eólico, tamén hoxe denunciado desde o xornal de Arteixo, pode ser outra nova escandalosa de proporcións semellantes ao anterior. Aquí a cousa pode ser máis complexa, dada a vontade amosada desde o comezo por moitos sectores económicos de non aceptar os termos do concurso. [...]

Mentres o bipartito estea baixo este escrutinio diario, o PP non precisará de demasiada pólvora para disimular a súa limitada planificación política. Mentres ademáis non haxa na oposición ninguén que poda abrir a boca na defensa das súas accións, o PP seguirá mandando dossiers ás oficinas de Sabón para manter entretido e abraiado ao contribuinte. O problema é que vai ser difícil, e máis nestas circunstancias, atopar unha voz na esquerda que se atreva a marcar a pauta política neste país, porque as que poden encetar un discurso (porque sentan non parlamento) están condicionadas por estas pequenas ou grandes miserias que aparecen (estean ou non magnificadas polo papel xornalístico) cada día ao almorzo de Galicia.

Fai falta outra clase política na esquerda ou no progresismo de Galicia?

Manuel Ángel Candelas, Arume dos Piñeiros (20/07/09)

Unidade, a necesaria… convivencia, sempre

Julho 20th, 2009

Xoán Carlos CarreiraDesde o meu punto de vista a unidade tanto pode ser boa como mala. Na maioría dos casos, aínda que non sempre, a unidade é reclamada desde unha posición de dominio porque case sempre a favorece. Sabémolo ben os/as nacionalistas. Pero tamén desde a perspectiva dos dereitos individuais, a unidade é reclamada, en moitas ocasións, por quen ostenta a posición dominante e senón pensemos nunha grande parte dos procesos de divorcio. As veces, rachar á unidade é a única alternativa para quen está na posición máis débil. O dereito de autodeterminación ou de divorcio, mesmo aquelas medidas que facilitan a separación, son avances sociais porque, en xeral, benefician ás persoas e pobos baixo situación de dominio.

Por outra banda, a unidade, tal e como é entendida na maioría dos casos, é a resposta a unha necesidade conxuntural, un bo instrumento que axuda ás organizacións e institucións a conseguir obxectivos moi definidos e/ou a afrontar ameazas internas e, sobre todo, externas. [...]

A unidade ou é libremente aceptada ou acaba rachando. Manter a unidade mediante a imposición é inxusto e insostible a longo prazo. Unha organización formada por persoas que se odian non está capacitada para construír nada e nela, a unidade é un sarcasmo inútil. Só unha organización onde exista compañeirismo e fraternidade pode contribuír a construír unha sociedade máis xusta e humana.

Desde esta perspectiva, entendo que non é a unidade a que garante o mantemento dun proxecto común nas organizacións, nas institucións, nos países ou na vida persoal. A participación nun proxecto común só se pode manter a longo prazo fortalecendo e cultivando unha convivencia axeitada. Mais a convivencia como ben sabemos, está feita de coincidencias e desavenencias. Necesita da existencia e expresión das dúas. Unha boa convivencia non é aquela na que non existen discrepancias senón aquela na que se xestionan adecuadamente.

Hoxe en día, dentro de calquera organización que se reclame democrática, o correcto politicamente é dicir que se acepta a discrepancia ou a crítica, pero esto moitas veces non pasa da teoría. Admítense ritualmente, pero descualifícanse nas relacións persoais. [...]

Por eso, cando se fan chamamentos á unidade van case sempre unidos ao reclamo da lealdade. Mais non se pode confundir lealdade con sometemento ou con fidelidade. A fidelidade é unha característica de determinadas persoas pero non creo que poida ser cualificada de virtude.

Aínda que sexa ir contra da opinión establecida, considero que as críticas, en condicións normais, deben saír fora das organizacións e ser coñecidas pola sociedade en xeral. Esto ten varias virtudes. [...]

A columna de Xoán Carlos Carreira (20/07/09)