O Paraugas

Etiqueta: bng

Nievitas, ponme aí un ‘control’

by O Paraugas on 04-Jun-2010, under Coruña

O outro día un meu amigo ofertoume, choqueiramente entre caña e caña, axuda económica para que puxese as miñas contas ao día no BNG, non fose a ser que ficase excluído e non puidese participar na movida das listas electorais para as municipais.

Por outra, dende hai varios días anda polos xornais, impresos ou electrónicos, certa información sobre ese tema ao que se deu en chamar o asunto dos impagos de cotas de militantes do BNG.

(Seguir a ler…)

1 comentario :, , , , , , , , , , máis...

O futuro do BNG decídese na Coruña

by O Paraugas on 27-Mai-2010, under Coruña

Non é un titular grandilocuente. Ao contrario, axústase moito e ben á realidade.

O BNG, na súa concidión de máximo representante do nacionalismo e do galeguismo político hoxe, e tras de perder o paracaídas electoral que supoñía cogobernar na Xunta de Galicia, está nunha encrucillada histórica.

O peche en falso que supuxo a Asemblea Nacional de maio de 2009, onde non se solucionaron os problemas 1) organizativo, 2) de liderado, e sobre todo 3) de proxecto político que ten o BNG, iso unido ao pacto subscrito entre a UPG e o sector dirixente (maioritario?) de +BNG/+Galiza para pospór a celebración da Asemblea Nacional ordinaria que estaturiamente debía celebrarse este ano (no que é sen dúbida un golpe de estado contra os máis elementais principios democráticos sen parangón en ningunha outra forza política do noso contorno), ten colocado ás principais correntes e partidos que integran a organización nacionalista fronte ao espello da militancia, dos simpatizantes e da cidadanía galega.

Con permiso do resto de cidades, afirmo que na Coruña xógase o futuro do nacionalismo porque é nesta cidade onde se dan as circunstancias que van permitir retratar a cada unha destas correntes e partidos organizados do BNG como o que realmente son, ao estar obrigados todos eles a posicionarse en favor e en contra dunha visión do BNG, do nacionalismo e do País.

(Seguir a ler…)

1 comentario :, , , , , , , , , , , , , , , máis...

Buscas algo?

Usa o formulario inferior para buscar no sitio:

Aínda así non das atopado o que buscas? Deixa un comentario nunha anotación ou contacta comigo para que te axude!

Arquivos

Todas as entradas, en orde cronolóxica...